1) En primeiro lugar, para tomar contacto coa tarefa, entrade nas seguintes ligazóns e reflexionade en grupo sobre as diferenzas que atopades nas imaxes propostas:
https://app.ex.co/stories/item/9aa623de-01bb-4fea-8832-2878d51640a7
https://app.ex.co/stories/item/b75290a8-7438-4276-8d9a-d9dc28b51ff6
https://app.ex.co/stories/item/01a35329-fc94-47ab-995e-d62fde8b52be
2) Visualizade a seguinte presentación sobre "Que é o cambio climático" e seguide as súas instrucións.
https://docs.google.com/presentation/d/1CWk9u9UR1N7t1jaHuz6Tm4KiolE3dSmW0REhAJJipGQ/edit?usp=sharing
3) Buscade información para elaborar o voso cartel nas páxinas web que aparecen nas últimas diapositivas. Tamén as podedes atopar no apartado de recursos da WQ.
4) Realizade as seguintes actividades de repaso para completar o voso coñecemento sobre a crise medioambiental.
- Rosco de Pasalabra con termos relacionados co cambio climático
- Actividade de relacionar fenómenos e efectos da crise medioambiental
- Sopa de letras de consecuencias do cambio climático
- Aforcado de especies en perigo de extinción a causa do cambio climático (como esta actividade foi realizada coa aplicación Ardora que é incompatible co formato da WebQuest, estará subida na aula virtual).
5) Tras a busca de información e a realización das actividades, xa estades preparados para elaborar o voso cartel dixital de concienciación sobre o cambio climático, incluíndo unha das súas causas, unha consecuencia e tres posibles solucións. Recordade introducir unha foto do voso animal en extinción favorito.
Comentarios
Publicar un comentario